Conversa con Branca Villares: pasado, presente e futuro da cultura tradicional
“A cultura é nosa, somos nós as que facemos a cultura.”
XIANA GARCÍA GARCÍA E TEGRA ROMEO VEIGA
Cando se fala da recollida e divulgación da cultura musical galega non podemos evitar pensar en Branca Villares, cantareira e divulgadora luguesa. Moitas de nós coñeciámola por obradoiros, concertos, charlas ou xornadas que ela impartiu.
![]() |
Branca Villares na aula da radio do IES Ánxel Fole. XIANA GARCÍA
|
Nesta conversa cóntanos dende como se iniciou neste mundo da música tradicional e quen foron as súas referentes ata que perspectiva ten do futuro da conservación e transmisión destes valores.

