Mostrando entradas con la etiqueta Ánxel Fole. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ánxel Fole. Mostrar todas las entradas

martes, 16 de mayo de 2017

Nuestra entrevista a Armando Requeixo en El Progreso

(...) o encontro de Casares con Fole foi o de dous dos máis grandes contadores orais que deu a Galicia do século pasado (...)
     Cuando  concebí con Xosé Manuel Castro, profesor de Literatura Portuguesa, la posibilidad de realizar una entrevista centrada en Carlos Casares nos asaltó la pregunta de cómo sorprender a los lectores sobre el homenajeado del "Día das Letras Galegas". Biografía, obra y estilo serían motivos centrales de diferentes publicaciones en los distintos medios. Es la curiosidad por nuestro propio entorno la que nos proporciona el camino para hallar las claves de una interpretación más honda. Es así como se nos ocurrió la idea de vincular al escritor orensano con Ánxel Fole, el hombre que da nombre a nuestro centro. Os preguntaréis qué tienen en común ambos autores. El arte de conversar, el "falar por falar" que decía Fole. Un arte que se ha perdido, por cierto, devorados por la vorágine irrefrenable del día a día, de la sustitución de una larga, pausada y placentera conversación por la inmediatez lacónica y turbia del WhatsApp. Armando Requeixo nos pareció la persona idónea para abordar el conocimiento de estos dos personajes, no solo por su valía reconocida como crítico literario sino por su proximidad, interés y labor investigadora en torno a ambos. Con la Tesis de Licenciatura sobre Ánxel Fole obtuvo nada menos que  el Premio Extraordinario de la USC. 

       Daniel Barreiro Blanco, alumno de cuarto de ESO, se nutrió de información variada antes de centrarse en el tema concreto a abordar.  Fue Conversas con Ánxel Fole de Carlos Casares el libro que lo condujo en la elaboración de las preguntas para la entrevista. Hoy su trabajo ha sido reconocido en El Progreso.

https://drive.google.com/drive/folders/0B0R0RdMV7FUYN1ZGaG45YTJoSTg?PC=AV01&FORM=AVASDF

https://drive.google.com/file/d/0B0R0RdMV7FUYcDh1UXF2dFI1QjA/view?usp=sharing

martes, 23 de febrero de 2016

Falando do Fole con Claudio Rodríguez Fer

    El pasado jueves tuvo lugar la presentación de la Agenda Escolar del IES Ánxel Fole en el salón de actos del instituto. Se trataba de un acto de agradecimiento a todas las personas implicadas en el proyecto. Sin embargo, la expectación del alumnado giraba en torno a la figura del escritor, investigador y catedrático de la USC, Claudio Rodríguez Fer. Su charla "Encontro con Fole: un vello e un rapaz" versó sobre su relación con el escritor lucense y su estadía como profesor de literatura en nuestro centro. La autenticidad e intensidad de sus palabras en el relato de su vida compartida con Fole suscitó el interés y la curiosidad del joven público que abordó al invitado con perspicaces preguntas. El sonido del timbre, que anunciaba el cambio de sesión, truncó el silencio que reinaba en el salón y nos arrancó del arrobamiento al que nos habíamos entregado.


Audiovisual que inició la charla de Claudio Rodríguez Fer. Posteriormente, se incorporaron las fotos del encuentro.



 

miércoles, 21 de octubre de 2015

Entrevista a Claudio Rodríguez Fer

      Cuando investigamos el origen de nuestro instituto y la figura de Ánxel Fole rastreando la información en actas y hablando con profesorado conocedor de los inicios, descubrimos un tríptico sobre el escritor lucense que había sido realizado por Claudio Rodríguez Fer cuando ejerció aquí de profesor. Este hallazgo nos llevó a concertar una entrevista con él en su despacho de la Facultad de Humanidades de Lugo. Santiago, alumno de 1º de BAC, fue el responsable de preparar el encuentro. Esta experiencia caló muy hondo en vuestro compañero.

Falando de Fole con Claudio Rodríguez Fer

Santiago Argüeso Galván

      Todos sabemos que o noso centro leva por nome o dun escritor dos máis recoñecidos, pero por que? De onde xurdiu? Se alguén pode contestar a iso ese é Claudio Rodríguez Fer, catedrático pola USC, actualmente profesor de Literatura na Facultade de Humanidades de Lugo, e a persoa que mellor coñeceu e coñece a figura de Ánxel Fole Sánchez.  Foi o primeiro en publicar unha biografía do autor, e a el debémoslle tamén diversos estudos e ensaios. A pesar da súa axenda ateigada de compromisos, tivo a deferencia de recibirnos no seu despacho do Campus de Humanidades e compracernos con esta enquisa, que se converteu nun coloquio sobre Fole, por quen sente unha grandísima admiración: “Ánxel Fole foi o home ó que máis quixen despois do meu pai”. A súa mirada clara e penetrante contén un torrente de emocións que verte paseniño nos seus xestos e nas súas verbas.

   En “O meu cartafolio  de Fole” en Ánxel Fole. Vida e obra alude a que coñecía ao autor dende a infancia. Cóntenos como foi iso.

   A guerra civil truncara a vida de Fole, que tivo que vivir moi dificultosamente despois, así que durante os anos corenta dedicouse a dar clases particulares nun humilde faiado do barrio lucense de Caiñós, ás que asistiu de nova a que sería miña nai. Por ela foi, pois, por quen souben xa na miña infancia da existencia de Fole, a quen vía de vez en cando pola rúa Montero Ríos próxima á miña casa. Co tempo, converteríase nunha especie de avó literario para min e quizais no home que máis quixen despois do meu pai".

   O primeiro estudo e escolma sobre o autor, A Galicia misteriosa de Ánxel Fole, publicado en 1981 debémosllo a vostede.  No entanto, esa inquedanza súa polo escritor arranca xa dende a súa adolescencia cando estudaba Bacharelato no instituto Masculino de Lugo onde fixo un traballo sobre el. Cal foi o motivo?

   En efecto, cando o meu profesor de Literatura no Instituto entón Masculino de Lugo, Xesús Alonso Montero, actual director da Real Academia Galega, propuxo que cada alumno escollese un escritor galego para facer un traballo, eu elixín a Fole, a quen fun entrevistar coma ti agora a min e sobre quen fixen unha reportaxe.

   Pero, por que esa fascinación por Fole?
   Porque os seus libros Á lus do candil e Terra brava me parecían moi atractivos pola súa temática misteriosa e costumista, e tamén porque os artigos que escribía no xornal El Progreso sobre cultura galega, literatura española e historia contemporánea me resultaban moi interesantes.

   Tras esa publicación foron moitos os recoñecementos e homenaxes ao autor. Probablemente moita xente descoñeza que foi proposto para o Premio Nobel de Literatura en 1983 pola Asociación de Escritores en Lingua Galega.

   Pois si, malia que Fole sempre tomou esa proposta como unha esaxerada mostra de agarimo e non con fatua vaidade.

   En 1985  a Xunta de Galicia ponlle o nome do escritor ao noso instituto. Vostede impartiu clases nel. En que ano? Que circunstancias o levaron ao noso centro e que sentiu ao traballar nun lugar que levaba o nome dun escritor de especial significación para vostede?

   Eu comecei a dar clase no Instituto Ánxel Fole como catedrático de Literatura Española en 1986, aos trinta anos, e deixei de facelo cando me integrei na Universidade de Santiago de Compostela en 1990. Por suposto, estaba encantado de pertencer a un centro que levaba o nome do meu querido e admirado amigo, e esa foi unha das razóns de que o puxese en primeiro lugar entre os destinos solicitados no concurso de traslados do corpo de catedráticos de Instituto do que formaba

 En 1987 no noso centro descubriuse un placa de homenaxe, repartíronse dez mil trípticos sobre a súa figura  e promoveuse un mosaico que preside o noso patio. Vostede foi o impulsor de tal homenaxe. Cóntenos como se levou a cabo.

   Unha vez que cheguei ao Instituto Ánxel Fole decateime de que moito alumnado non sabía quen fora o escritor que daba nome ao centro, así que promovín a edición de trípticos para repartir entre o persoal docente e discente do Instituto, pero tamén entre a veciñanza da Piringalla e entre a cidadanía de Lugo en xeral. Así mesmo promovín que se fixese un mosaico mural no patio do centro, que sufragou a Consellería de Cultura e do que se encargou Xosé Vizoso, experimentado deseñador do Grupo Sargadelos que traballaba con Isaac Díaz Pardo.

   Probablemente moitas das persoas que acoden día a día ao instituto descoñezan o simbolismo do mosaico. Poderíanos comentar o seu significado?

   O mosaico pretende reunir os elementos máis característicos do mundo literario de Fole cun estilo plástico que poderiamos cualificar de cubismo sintético galego. Así, figuran elementos astronómicos (o sol, a lúa), animais (os lobos, a vaca) e vexetais (as árbores), sen esquecer a presenza humana.

   Curiosidade: Por que o autor utilizaba o pseudónimo de Neumandro?

   Neumandro é unha palabra constituída polos elementos gregos pneuma, que significa “moitas cousas relacionadas co aire” (sopro, alento, respiración, vento) mais tamén “espírito ou sopro divino”, e andro, que significa “home”. Por tanto, Fole trataba de dar a entender con tal pseudónimo que escribía dende a perspectiva dun home espiritual, cunha altura de miras allea ao materialismo vulgar.

   Cinco palabras que definan a Fole como escritor.
 
   Realista, costumista, misterioso, humorista, galego.

   Cinco palabras que definan a Fole como home.

   Humanista, bondadoso, leal, republicano, galeguista.

   Un consello para os estudantes que comezan un novo curso.

   O estudo é máis atractivo, pero tamén máis proveitoso, cando se realiza con amor e con humor.

   Un consello para o profesorado.

   O poeta é un mestre sen ira, verso de Luís Pimentel, gran amigo de Ánxel Fole.


Claudio Rodríguez Fer e Santiago Argüeso Galván, alumno de 1º de BAC, no despacho do poeta na Facultade de Humanidades de Lugo

Acceded a la entrevista en nuestra agenda:

http://es.calameo.com/read/0032776050faf13944b25?authid=JS8cvxuGHuiN

martes, 20 de octubre de 2015

Nuestra agenda escolar

      Por fin se ha hecho realidad lo que ya parecía una quimera: ha llegado la ansiada agenda escolar. Ha habido algunos contratiempos que demoraron la entrega, pero la satisfacción de contar con una agenda personalizada de nuestro centro justifica la espera. La Diputación de Lugo ha financiado la impresión y, por tanto, el alumnado ha recibido la agenda gratuitamente.

      Pero, ¿cómo surgió este proyecto? A final de curso un grupo de alumnos y alumnas de 4º de ESO me confesaron sus sentimientos encontrados: por un lado, la satisfacción de cumplir una etapa y la ilusión ante sus nuevos proyectos; por otro,  la desazón que les producía abandonar el centro, dejar atrás tantos recuerdos, tantos amigos y amigas.  

    Los espacios son los continentes de nuestra historia personal, a ellos asociamos nuestras vivencias y las personas con que compartimos ese tiempo. Estos alumnos y alumnas, conscientes de la relevancia de esta etapa marcada por el instituto, quisieron rendirle homenaje y transmitir a sus compañeros y compañeras el orgullo de formar parte de este lugar. ¿Cómo hacerlo? Pues a través de la agenda escolar. Se volcaron en su diseño y en su contenido. Indagaron los orígenes del centro e investigaron al escritor que le da nombre: Ánxel Fole. Pautaron  por evaluaciones el proceso de técnicas de estudio incluyendo consejos, frases alentadoras, fichas de reflexión, frases célebres, conmemoraciones... Diseñaron atendiendo a sus gustos personales insertando emoticonos, pósits, notas para que los compañeros y compañeras dejen su impronta...Las imágenes del instituto seleccionadas son testimonio de nuestros rincones especiales. Sin duda ha sido un trabajo que debemos agradecerles.

       Gracias, Tamara Cela Caamaño.
       Gracias, Georgiana Nicoleta Anghel.
       Gracias, Laura Da Cruz Rodríguez.
       Gracias, Beatriz Pérez Benavides.
       Gracias, Julen Vigo Enríquez.

       Siempre formaréis parte de nuestro espacio.