lunes, 31 de octubre de 2016

 Versos de Carmen Blanco para nós

   

   O pasado 18 de outubro, o día da presentación de A Nosa Axenda, Carmen Blanco agasallounos coa declamación duns intensos e fermosos versos que hoxe compartirmos con vós. E a palabra rachou o silencio, e o seu son quebrou en min.




FILANTROPÍA FILÓXINA:
CONTRA A MISOXINIA E O SEXISMO
 
A metade do mundo  

  As mulleres somos a metade do mundo
   e somos tan imprescindibles como os homes
    Mulleres e homes xuntos movemos o mundo
    Mulleres e homes xuntos prolongamos a vida
    A irmandade do amor dos homes e das mulleres
    fará finalmente un mundo libre

IGUALDADE DE DEREITOS E RESPECTO ÁS DIFERENZAS 

Son desigual

Son singular e diferente
vida que se move
Non quero igualarme
a nada nin a ninguén
Son S M L
e son XXS e XXXL
Son sendo como son
desigual e distinta

HOMENAXE AO AMOR REAL:
AOS FEITOS DIARIOS DA LOITA POLA LIBERDADE FACENDO SERES LIBRES
(Palabras inspiradas pola miña nai que vive neste Lugo Norte)

Mans mais

Nai mai mans. Mans madres da vida boa. Mans leite alimento. Mans amor material. Mans de muller amorosas. Mans do traballo amantes. Mans da arte perfectas. Mans da beleza imprescindibles. Mans da liberdade indispensables. Mans da xustiza necesarias. Mans da paz pracenteiras. Mans da sabedoría sabias. Que dan o mellor. Que melloran o mundo. Magníficas mans nai.
 

POLA SOLIDARIEDADE INTELIXENTE:
CONTRA OS PREXUÍZOS XENÓFOBOS E RACISTAS 
Son humana
Son gallega
son xudía
son moura
son xitana
son ladina
son paia
grega
galega
castellana
maragata
bárbara
filistea
saharauí
sefardí
latina
hispana
sueca
suíza
portuguesa
turca
polaca
romanesa
celta
vasca
ibera
vigur
negra
india
branca
pel amarela
cor cobre
olivácea
paquistaní
kikuia
kurda
kikí
de aquí
de Castro
Garabolos
Albeiros
Frigsa
A Piringalla
A Milagrosa
das Gándaras
de Lugo
de alá
de París
cosova
congolesa
croata
ácrata
catalá
americana
armenia
mestiza
polar
pacífica
auroral
tropical
tépeda
nocturna
Son humana
e varío   
E son o mellor
de todo o que son

(Os poemas “A metade do mundo” e “Son desigual” están no libro Un mundo de mulleres, Mandaio, A Coruña, Biblos, 2011. “Son humana” é unha variación, feita para as persoas do IES Ánxel Fole, do poema “A Tota Paria Tota Excelencia” do libro citado. “Mans mais” pertence a unha obra poética distinta)

domingo, 30 de octubre de 2016

Caricatura y descripción científica

   "Te conocerás a ti mismo en cuanto empieces a descubrir en ti defectos que los demás no te han descubierto"   Friedrich Hebbel

       Empezamos con las modalidades textuales. Tras el estudio de la descripción, propuse al alumnado realizar una caricatura de sí mismos y una descripción científica. Antes nos detuvimos en el análisis de una de las caricaturas literarias más conocidas de la literatura, la del Dómine Cabra del ingenioso Francisco de Quevedo. No es nada fácil despellejarse uno mismo, ni confortable tomar distancia y diseccionarse como un bicho, pero ahí reside el reto.

El flautista de Hamelín

SAMUEL LÓPEZ LEGASPI

      Este es el flautista de Hamelín del siglo XXI, con edad de pequeñas erupciones visibles, sobre todo en el rostro. Desde la cabeza a los pies hay la distancia de una larga carrera de  galgo. Pelo embravecido y un poco alechugado; ojos zainos, cordiales y efusivos; nariz, un tanto desigual para poner la nota peculiar; la boca pequeña, pero dejando asomar levemente la dentadura aserruchada hacia fuera como para querer contarnos algo especial; mentón, con un acabado apolíneo; desde el gollete hasta el escote hay la largura suficiente para lucir una amplia gorguera; tez como corteza de miel; cuadro con diminutas pinceladas ocres por todo el cuerpo  y, en especial, una al lado izquierdo de su asimetría. Su cuerpo, abrazado con elegante pajarera de la que salen largas armas harmoniosas, brazos sin fin y vigorosos con manos capaces de expresar cualquier sentimiento y piernas prolongadas casi hasta el infinito. Los pies parecen repelerse con el suelo, estarían a su antojo cada cual más lejos de él.

     Un tipo que por sus venas no corre sangre sino partituras musicales coreografiadas ordenadamente transmitiendo lo que  ningún idioma es capaz de expresar. En resumen, él es un extraordinario histrión danzarín y cachazudísimo.
 

 DESCRIPCIONES CIENTÍFICAS

 LUCÍA GÓMEZ FERNÁNDEZ 

    Lucía (Gómez Fernández) es una especie de primate perteneciente a la familia Homo sapiens. Procede de la localidad de Lugo (en Galicia). Es un ser omnívoro con preferencia por la pizza.  Suele habitar en la Piringalla gran parte del año y en verano migra hacia el sur de España en busca de calor. Su función natural es estudiar y siempre que puede aprovecha para coger un libro o ver un capítulo de una de las numerosas series de su agrado. 

    Consta de una cabeza que alberga una larga cabellera rizada (lo que la distingue de otros seres de su especie), un tronco y cuatro extremidades: dos inferiores y dos superiores, en las que destaca especialmente en el manejo de la izquierda. Mide 1,60 cm y su peso ronda los 50 kg. Está compuesta por diversos órganos (cerebro, ojos, pulmones, corazón…). El más externo es la piel, singular por su tacto suave.

 DIGNO DE EVOLUCIÓN

ÁLEX CARBALLÉS GRANDÍO

    Álex (acroántropus, melocrateus) es un mamífero omnívoro de la familia de los Homo sapiens. Los Álex salvajes están extintos. El único que queda vive en una población al norte de Piringalla. Su altura oscila entre 1,70 y 1,75 metros, y su peso se encuentra entre los 65 y 70 kilogramos. Su pelaje es negro, pero su piel es blanca. Posee dos grandes ojos marrones a la misma distancia de su nariz. De cuerpo esbelto. Brazos y piernas largos. Manos y pies grandes.

    Su dieta consta de todo tipo de alimentos, desde judías verdes (Phaseolus vulgaris) a hamburguesas (cerdus fritus) pasando por  manzanas (Malus domestica), pizza (grasus máximus) y abadejo (Pollachius pollachius).
 

miércoles, 26 de octubre de 2016

XORNADA KATHLEEN MARCH: LER COMO FEMINISTA

     Mañana jueves 27 de octubre se celebrará en Santiago de Compostela (Consello da Cultura Galega) la "Xornada Kathleen March: Ler como feminista" dedicado a esta galicianista estadounidense. Claudio Rodríguez Fer inaugurará el acto con su conferencia  "Kathleen March, galicianista de aquí e acolá". En los relatorios y debate participarán las investigadoras Andrea Ruthven, Ánxela Lema e Antía Marante y la técnica da Comisión de Igualdade do CCG Mariam Mariño Costales. En la sesión de tarde podremos asistir a nuevas sesiones moderadas por Carmen Blanco con la participación de Pilar García Negro, Burghard Baltrusch, Helena González e Xosé Ramón Fandiño Veiga.

    Os dejamos el ENLACE con más información.


Acto de presentación de "A nosa axenda"

"Quen controla o pasado, controla o futuro. Quen controla o presente, controla o pasado" George Orwell
    El pasado 19 de octubre, tras la entrega en el aula al alumnado de "A nosa axenda", celebramos un acto de presentación en el que participaron la escritora y profesora universitaria Carmen Blanco, la alcaldesa Lara Méndez, el vicepresidente y diputado de Igualdad Álvaro Santos, la directora del centro Beatriz Fernández y nosotros los coordinadores, Miguel Martínez y Felisa Redondo. La cita que da hoy entrada a nuestro blog fue leída por el Vicepresidente de la Diputación. No es una frase baladí, la extrajo de nuestra agenda, entre las frases escogidas cuidadosamente por los alumnos y las alumnas para conmemorar cada semana (En especial, Andrea Arias y Sergio Couso, que dedicaron horas a esta labor).

   Os dejamos algunos momentos de la jornada.



De fondo proyectamos un Prezi mostrando nuestro trabajo.

sábado, 22 de octubre de 2016

Contos de verán

"Nese momento, unha espantosa idea xurdiu da miña cabeza. Seica viaxaba ao futuro cada vez que subía? Iso explicaría o deterioro progresivo do meu fogar. Acaso era agora un ser atemporal, un ente que non pertencía a ningures?" Sergio Couso Núñez.
      A la práctica docente se le atribuye en los últimos tiempos frustración y desilusión, pero esto no es del todo cierto. Hay múltiples acciones del alumnado que nos llenan de orgullo y satisfacción. Un relato de Couso fue seleccionado y publicado en la sección "Contos de verán" de El Progreso. Nosotros/as tenemos el privilegio de poder leerlo completo. Atrás quedó aquella primera antología manuscrita Cousas de Couso que anunciaba lo irremediable.

      Enhorabuena, señor Couso, le auguramos el Cervantes.
Publicado en El Progreso

 A trapela

POR SERGIO COUSO NÚÑEZ

     Os detalles sobre a miña infancia son vagos e borrosos. Recordo correr polos inmensos e hipnóticos corredores do castelo cheos de antigas estatuas e cadros, pero non das persoas que alí me acompañaban. Trato de rememorar as súas caras, mais só vexo sombras. Iso non quere dicir que a miña nenez fose dura e traumática. Non obstante, si foi solitaria, pois nunca saín da fortaleza. Aínda que xa pasara da miña etapa de neno á de mozo, ás veces seguía oíndo aquelas voces difusas que me dicían que non saíse ao exterior, que era perigoso facelo. Con todo, o que máis rondaba pola miña cabeza e o que máis curiosidade espertaba en min era unha pequena trapela que había na parte superior do comedor. Imaxinaba que debía conducir a unha especie de faiado, pero o medo a caer e ao que podía haber nel superaban os meus desexos de acceder a este.

    Facía anos que desaparecera a última persoa que convivira comigo, apenas entrado eu na miña adolescencia. Intúo que era un criado de idade moi avanzada. Non recordo como era nin como morreu, mais si a lentitude coa que camiñaba, como realizaba as tarefas do fogar e que apenas me dirixía a palabra, e se o facía, sempre me chamaba ''señor'' a pesar da miña idade. Non obstante, el non fora o único que se marchara. Se me concentro moito aínda podo albiscar unhas estrañas figuras que a día de hoxe sigo relacionando coa miña familia. Mais non sentía tristeza pola miña soidade, xa que ese oco podía enchelo grazas á lectura dos libros da gran biblioteca do castelo, os cales fixeron que os recordos sobre os habitantes deste se difuminasen pouco a pouco. Aqueles libros mostrábanme mundos fantásticos cheos de personaxes extravagantes que vivían con paixón e intensidade. A pesar de que dubidaba de que aquelas historias fosen reais, non podía descartar esa posibilidade, pois a única ponte que había entre o mundo e eu era unha inmensa ventá circular case tan grande coma min ao fondo do corredor. A través dela observaba soamente o mar, un océano infinito que case sempre estaba tranquilo. Isto levárame a pensar que seguramente o castelo no que nacera estaba situado nun acantilado. Dende o momento en que ese pensamento brotou na miña mente, unha pequena semente de rebeldía e curiosidade por saber que había máis alá daqueles muros foi plantada no meu interior. Madurou e creceu durante varios anos mentres seguía coa lectura dos libros da biblioteca, os cales pasaran a ser dunha temática máis escura, ata que un día chegou ó seu apoxeo. Ese día foi onte.

    Asustado pero á vez ansioso, abrín a gran porta do castelo. Un forte vento entrou polo oco que se facía cada vez máis grande. Estando aínda entreaberta, fiquei aterrado como ante min había un espazo baleiro, un abismo cuxo final era o mar. Non podía ir cara a ningún lado. Unha sensación de malestar invadíu o meu corpo e comecei a marearme. Rapidamente entrei e vomitei na alfombra da entrada. Desorientado ao non saber que acababa de suceder e cunha sensación de infinita soidade que nunca sentira ata ese momento, empecei a vagar polas habitacións do castelo. Ningún recuncho do meu fogar cambiara, mais eu víame como un ser estraño que non debía estar alí.

    Un pouco máis sosegado, decidín ir á biblioteca para ler un libro co fin de calmar os nervios. Mentres me dirixía cara alí pasaba cerca do comedor, cando de repente me fixei na trapela do comedor. Nun acto totalmente irreflexivo amontoei mesas e cadeiras ata que puiden chegar a ela e subila. Feito isto, saltei ao momento, pois a estrutura era feble. Unha vez arriba observei que estaba outra vez no comedor. Confuso, comecei a explorar o castelo. Vin que había máis po, mofo e teas de araña por todas partes. Facía máis frío e sentíame observado. Instintivamente volvín ao comedor. Nese momento deime conta de que no chan había tiradas moitas mesas e cadeiras. Enriba destas había unha trapela. Ordenándoas de forma similar á última vez, repetín o proceso. Ao subir  atopeime novamente no comedor. A estrutura sobre a que subira estaba desfeita e con moito po. Corrín cara á ventá que daba ó mar. Estaba translúcida pola sucidade. Retornei ao comedor e repetín o proceso de subir cara a trapela. Cada vez que subía, o castelo estaba en peor estado. Ata que á quinta vez, ao mirar ó meu arredor, unha parte do teito caera. Nese momento, unha espantosa idea xurdiu da miña cabeza. Seica viaxaba ao futuro cada vez que subía? Iso explicaría o deterioro progresivo do meu fogar. Acaso era agora un ser atemporal, un ente que non pertencía a ningures? Con medo e respirando con dificultade pola gran cantidade de sucidade e po, decidín ascender unha vez máis. A madeira dos mobles sobre os que me asentei estaba podre, mais conseguín alcanzar a trapela. Só unha vez máis. Soamente unha pequena ollada ao futuro. Simplemente tocar cos dedos o que había máis alá. Abrín a trapela bruscamente. Gritei, mais non escoitei o meu berro. Non era capaz de respirar. Horrorizado, contemplei que ante min, só había escuridade.
   

   
 

jueves, 20 de octubre de 2016

Presentación de nuestra agenda escolar

  “No hay denuncia verdadera sin compromiso de transformación, ni compromiso sin acción.”  Paulo Reglus Neves Freire
     Ayer fue un día frenético. Cuando nos embarcamos en un proyecto, no sabemos la repercusión ni la trascendencia que va a alcanzar. La elaboración de la agenda fue un trabajo más; sin embargo, superó todas nuestras expectativas. Gracias a la colaboración de la Diputación y el Ayuntamiento de Lugo, se visibilizó este trabajo de concienciación en pro de la igualdad de género. 

     Al acto de presentación acudieron la alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, el Vicepresidente de la Diputación de Lugo, Álvaro Santos Ramos, y la escritora, investigadora y profesora universitaria lucense, Carmen Blanco García. La visita tuvo una gran repercusión mediática y así el evento quedó plasmado en distintos medios de comunicación. Pinchad los enlaces para acceder.
  • La Voz de Galicia:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2016/10/19/ies-anxel-fole-aposta-pola-educacion-na-igualdade/00031476875812226578326.htm 




     Gracias a todos y a todas por vuestro interés, implicación y acogida. Vuestro reconocimiento constituye un acicate para continuar en esta línea de trabajo, apostando por una escuela dinámica, creativa, emprendedora y, sobre todo, comprometida.


lunes, 17 de octubre de 2016

domingo, 16 de octubre de 2016

La estructura de las palabras

Repasamos la estructura de las palabras: lexemas y morfemas.

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1455545109/contido/monemas_y_lexemas.pdf

jueves, 13 de octubre de 2016

Lecturas

                                            "No lean, como hacen los niños, para divertirse o, como los ambiciosos, para instruirse. No, lean para vivir."Gustave Flaubert
       Os dejamos las lecturas marcadas por nuestro Departamento para el nuevo curso. Las que os mostramos son de carácter obligatorio. Luego, en el afán de fomentar el gusto y el placer de leer se proponen listados con lecturas voluntarias y la libertad de que todos y todas compartan y recomienden sus favoritos.

     El alumnado de PMAR asiste una sesión semanal a la biblioteca. Se familiariza con su organización, se sumerge en el universo de los libros y en el hábito de leer la prensa. En 3º abrimos el curso con la lectura de Ánxel Fole y su conocimiento. Revisamos la agenda escolar creada por sus compañeros y compañeras del curso pasado que analizaba los orígenes de nuestro centro y el escritor que le da nombre.

     Semanalmente recibimos La Voz de Galicia. Participamos en el Programa Prensa-Escuela. Alumnos y alumnas de 3º, 4º de E.S.O. y 2º de B.A.C. reciben un ejemplar gratuito cada miércoles.

https://drive.google.com/drive/folders/0B0R0RdMV7FUYYk81bTJtWHdyeFU

martes, 11 de octubre de 2016

Nuevo curso

                                  " La única alegría en el mundo es comenzar.Es hermoso vivir porque vivir es comenzar, siempre, a cada instante."
Cesare Pavese

     El comienzo de este nuevo curso está siendo dinámico. La inactividad en el blog no es reflejo de nuestro quehacer diario. Muy al contrario. Estamos en marcha: actividades, reuniones, programaciones...Intentaremos tomar un poco de aire para verter aquí nuestras iniciativas.

    Bienvenidos a todos y a todas a este nuevo curso. Lo encararemos con energía, ilusión, creatividad y la certidumbre de que aportaremos nuestro granito para transformar el mundo.