martes, 12 de diciembre de 2023

A la violencia de género... ¡Dale un portazo!

Spot publicitario contra la violencia de género

Antía Corral, Yaiza Cobas, Andrea Cruzado, Yago Ferreiro y Álvaro Gómez presentaron este vídeo al Concurso 25N de la Xunta de Galicia. No fue posible alzarse con el premio autonómico, pero cuentan con nuestra admiración y respeto por su original propuesta. ¡Enhorabuena, mis poetas!



Acompañaron el vídeo de una memoria justificativa. Leed su reflexión:

MEMORIA DO NOSO PROXECTO

Contextualización

A nosa proposta forma parte do proxecto vinculado ao Plan Proxecta Donas de Si deste ano, cuxo obxectivo, entre outros moitos, é a prevención da violencia contra as nenas e as mulleres. O noso proxecto “Á violencia de xénero, portada” busca precisamente iso, denunciar a violencia de xénero e poñer o noso pequeno grao de area na loita para previla.

Motivación

 
O motivo que nos levou a pensar nesta idea foi o a nosa inquedanza ao ver como a xente detecta os sinais de violencia de xénero pero déixaos pasar pensando que non chegarán a ser nada máis que iso, sinais. Preocúpanos especialmente que non pechemos a porta antes de que sexa demasiado tarde.

Queríamos centrar a nosa atención nas mulleres para lanzar a mensaxe de que ante o primeiro sinal é precioso parar a relación. Cada un dos indicios xa é violencia, por iso convén “pechar a porta” á aparición de outros sinais que dan paso á materialización da mesma.
 

Procedemento

 
Tras ter decidida a nosa participación no concurso, puxémonos a pensar nunha maneira de poder transmitir a nosa mensaxe de maneira clara pero mantendo a atención ata o final. Por iso optamos por un anuncio publicitario con nós mesmos como protagonistas, pois entendemos que un cambio de mentalidade depende de nós, da xente nova. Un mundo no que poidamos vivir en igualdade é o noso desexo e a posibilidade de conseguilo está na nosa man. 

Trátase dunha composición audiovisual sen música de fondo, nin voces, nin ningún tipo de son máis alá das 27 portadas e do lema final que dá nome ao noso traballo. Quixemos facelo desta maneira para causar un maior impacto no espectador, entendendo a portada como un NON á violencia de xénero. Por outra parte, pódese observar que tras algunhas portas hai escenas de persoas ceando felizmente, vendo unha película, falando... Ademais disto, unha vez pechada a porta, a cámara (que neste caso interpretaría o papel da violencia) queda fóra do lugar, impedindo así que poidamos seguir vendo o que sucede tras ela. O significado destes pequenos detalles é que unha vida sen violencia de xénero é posible e que é necesario facer visible espazos onde nos ten cabida a violencia.