martes, 13 de junio de 2023

Entrevista a Ánxela Gracián, gañadora d0 10º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2022

 "(...) o universo mítico-lendario formoume na miña primeira infancia. As mulleres da miña casa eran grandes contadoras orais, quizais coma os griots na cultura africana ou os tussitala dos que fala Stevenson en Samoa"

A escritora visitounos para falar do seu libro Donas de nós

Hai días no calendario que son imprescindibles marcar como indelebles. O pasado venres tivemos o privilexio de contar coa escritora Ánxela Gracián no centro. O alumnado do club de lectura e un grupo de terceiro de ESO comentou coa autora o seu libro Donas de nós. A miúdo profesores e profesoras lidamos co método para avaliar as lecturas impostas ou suxeridas ao alumnado. Ás veces perdémonos no uso de instrumentos varios: probas escritas e/ou orais, cuestionarios, traballos, rúbricas... Unha forma infalible de medir o impacto dunha obra é observar as preguntas que lles suscita a lectura. Sen dúbida o libro calou con forza neste grupo de estudantes que formulou non só unha inxente cantidade de cuestións, senón que puxeron sobre a mesa aspectos sutís que evidenciaban unha interpretación crítica e profunda. Se engadimos á predisposición do alumnado, a capacidade comunicativa e a sensibilidade de Ánxela Gracián o resultado do encontro non podía máis que formar parte xa da nosa historia. 

Sabendo do apego de Ánxela Gracián polos bosques galegos que agochan marabillosas árbores, fixémoslle unha homenaxe descubríndolle o horóscopo celta. Os druídas afirmaban que nacemos baixo a protección dunha árbore que define o noso carácter. Cada un de nós levaba unha etiqueta coa súa árbore protectora e entregámoslle á nosa invitada a que lle correspondía: o salgueiro. Confesou, emocionada e sorprendida, que era a súa árbore favorita e sempre sentira conexión con ela. En fin, nada é casual.

Sentimos o compromiso con outros lectores de compartir a experiencia. Por esa razón, decidimos deixar por escrito as respostas a algunhas das preguntas formuladas na reunión. Tras o encontro, os poetas insomnes gravaron o Tic tac con Ánxela Gracián: 10 preguntas que o din todo...

Encontro no IES Ánxel Fole. ÁNXELA GRACIÁN

Por que o pseudónimo artístico Ánxela Gracián? 

Porque nacín nunha aldea chamada Gracián, do concello de Castroverde e, cando asinei o contrato de edición do meu primeiro libro Cos petos cheos de cinza, pensei que Gracián era moi acaído literariamente como pseudónimo, quizais porque xa é un apelido moi literario de por si, non o sei. O certo, ademais, é que todo o meu mundo está vinculado a ese lugar onde nacín, así que incorporalo ao meu nome era tamén unha forma de poñelo no mapa e homenaxealo.

Coa obra teatral Donas de nós conseguiches alzarte como finalista no Premio Follas Novas do Libro Galego e acadaches o Premio Meiga Moira 2022, que supón para ti este recoñecemento?

Os recoñecementos son como lambetadas aos nenos, gústanche e déixanche un sabor moi doce na boca. Son necesarios porque animan moito a seguir e indicativos de que esa obra saíu ben. Que a túa peza lle guste a un xurado experto e pase logo os filtros de moitos mediadores implicados nas peneiras, que son varios os sectores -o público, os libreiros, os editores, as bibliotecas, os críticos- os que deciden outorgar os premios Follas Novas, lévate a pensar que vas polo camiño correcto, pero hai que saber gañar e non perderse para darlle a importancia que ten, ánimos e a seguir traballando. Penso que tamén hai que saber perder, sobre todo, non desilusionarse e abandonar.

Esta obra ten como marco o Camiño de Santiago. Nas túas obras emerxe de forma continua o carácter mítico-lendario  de Galicia e o mundo rural, por que esa constante?

O Camiño porque, como falei desa tradición manuscrita galego-portuguesa, cuxa modernidade veu de Francia a través do Camiño de Santiago, parecíame necesario introducilo. Ese Camiño Cultural que atravesa bosques. Ademais, sábese que a poesía ía e viña polo Camiño e os poetas (as mulleres desapareceron dos códices e ninguén protestou) ían dunha corte a outra a través do Camiño. De Provenza a Santiago de Compostela, esa era a idea.

Por outra parte, o universo mítico-lendario formoume na miña primeira infancia. As mulleres da miña casa eran grandes contadoras orais, quizais coma os griots na cultura africana ou os tussitala dos que fala Stevenson en Samoa, ou coma Fría Hortensia de Amor de Artur de Méndez Ferrín. Contaban sempre e amaban a palabra en por si, así que eu alimenteime diso de nena. Aparece no conto de A ogra Pinta. E penso que quizais tamén por ese contacto coa palabra primixenia que nos chega dende a noite dos tempos nunca me foi allea a escritura e a lectura cando me alfabeticei. Realmente as matemáticas dábanseme moi mal. Era unha tortura todos aqueles números baleiros, en cambio a palabra resultábame fascinante e aprendía sen esforzo os poemas de memoria. A transición estaba servida, da palabra oral á escrita foi un paso, penso que quizais porque na miña infancia, aínda que non houbo case libros, -na casa había moi poucos a verdade e as bibliotecas escolares eran un par de andeis ou como moito un moble de libros para adultos- estaba sempre presente a palabra en homenaxe.

O mundo rural como bosque e natureza que nos invade estivo sempre en min porque foron as primeiras imaxes que chegaron á miña retina e durante un tempo longo as únicas. Castroverde é bosque, fraga centenaria. A ver se dura.

Nesta obra de "antifadas" a protagonista é unha xograresa, Mendiña, por que escolliches este personaxe para denunciar os estereotipos sexistas? É casualidade o seu nome ou hai algunha relación co trobador medieval Mendiño?

Si que a hai, é unha homenaxe buscada totalmente. A poesía galega 2.0 nace en San Simón con ese misterioso trobador Mendiño do que se conserva unha única cantiga, que os estudosos recúan moito no tempo e falan desa influencia da tradición oral de poesía posta en boca de muller que existía en toda a Península Ibérica, que non se conserva en castelán por exemplo, a pesar de que Menéndez Pidal defendeu a súa existencia pero si noutras áreas, cancións como as das carxas mozárabes. Escóitelle dicir á investigadora Camiño Noia que ela sabía que Mendiño fora muller, que era como unha intuición que tiña. A afirmación fíxoa nun Congreso de expertos “O mar das Cantigas”. Era moi provocadora porque a estaban escoitando persoas como GiuseppeTavanni, Mercedes Brea, Luciana Stegagno Picchio etc. Soaba a brincadeira pero eu quedei con iso e penso que tivo que haber mulleres poetas na época medieval, a pesar de que os códices non dean conta delas. As imaxes que se conservan reflíctenas bailando e cantando, así que tiveron tamén que estar compoñendo Mendiña é sen dúbida unha desas mulleres que dalgún xeito foron ninguneadas pola historia.

Aparecen dous personaxes da mitoloxía celta, Merlín e Morgana, que resolven, finalmente, o conflito, que representan nesa denuncia feminista?

Si, voluntariamente. Merlín encarna o mito do amor romántico no que cre e namórase por iso de Mendiña ao primeiro instante, sen reflexionar, só con vela, xa soña con amala e faino así porque é moi fermosa. O Príncipe Azul tamén vai enfermo de amor, por iso se despraza nunha ambulancia no canto dunha carroza. Morgana, en cambio, nesta obra representa a sororidade, a amizade e a axuda entre mulleres, ao contrario que na materia de Bretaña, onde é a bruxa porque ten poderes, pero tamén porque ten coñecementos. Quixen darlle unha volta ao personaxe da bruxa que ela representa e baleirala dese machismo con que a dotou a tradición artúrica. Iso veu porque hai un par de anos traducín un libro fantástico da ensaísta feminista francesa Mona Cholet chamado Bruxas. Foi unha encarga que me fixo a editorial Hércules de Ediciones para esa colección Púrpura que é tan fantástica. Recoméndoo porque aprendes moito a entender quen foron realmente as bruxas da historia, por que eran acusadas de pactar co diaño, a quen molestaban e que clase de mulleres eran acusadas e como? Eran cualificadas de bruxas, en primeiro lugar, as mulleres vellas porque acumulaban sabedoría, tamén as mulleres solteiras porque non seguían o indicado polo sistema e desafiábano e acumulaban liberdade e, por último, as mulleres sabias porque o seu coñecemento non as convertía en sometibles. Nese punto para min está a fada Morgana desta historia. Necesitouse estigmatizala fronte a outros modelos de muller, como Penélope, que encarna a muller esposa, resignada e capaz de pasar a vida esperando polo home. En cambio, Morgana é a malvada, por sabia e por ingobernable.

No prólogo aludes ás protagonistas femininas dos contos que che causaban animadversión, había algunha muller nos contos tradicionais pola que sentises admiración?

As malas, as madrastas, as bruxas que enganaban os outros personaxes para conseguir os seus fins están tan estereotipadas e representan tanto ese manequeísmo de bos e malos sen matices dos contos de fadas que, por suposto, non podemos salvalas e incluílas nesa admiración, aínda que hai moito desa actitude de buscar e resolver por si mesmas que é moito máis atractivo que a pasividade resignada das boas, que viven deixando que todo suceda de por si sen intervir en nada. Por iso creo que as personaxes malas están marcadas por maldades máis realistas, o amor, a traizón, o poder, a ambición, o medo, a loucura, a crueldade, sempre todo en desmesura e sen control, nin ética, pero aínda así,  resultan máis verosímiles.

O final da obra, xa o tiñas pensado antes de empezar o libro ou foi xurdindo a medida que escribías?

Foi xurdindo. Hai varias versións e custoume tomar unha decisión. Finalmente, eses dous personaxes de Merlín e Morgana como omniscientes poderosos capaces de gobernar os destinos dos humanos da peza foi o que máis me convenceu. Lémbrame o mundo céltico ou o grego no que os deuses e os magos gobernan o mundo humano, como se houbese dous planos, o dos deuses e deusas e o dos homes e mulleres e os designios dos segundos estivesen nas mans dos primeiros. Xustificaba ademais esa personaxe de Morgana con esa capacidade con que a describe a tradición artúrica de mudar a través da maxia os obxectos e as persoas de lugar e facer valer a súa vontade a través do sortilexio e dos espellos.

A túa obra pon patas arriba os roles e estereotipos sexistas dos contos tradicionais e das películas de Disney coas que nos criamos. Hoxe a industria cinematográfica parece revisar estas cuestións, no entanto choca o incremento alarmante da violencia machista e a "obxectualización" das adolescentes, que pensas ao respecto?

É obvio que a produtora de animación máis famosa da historia e con maior poder económico produciu e segue producindo ensinanzas machistas, mudando moitas veces as intencións dos contos tradicionais escritos por Andersen, nos que non había para nada esa intención. Disney edulcóraos e adáptaos aos seus valores. A mensaxe sempre é a mesma: “Se es suficientemente guapa e caladiña o mellor dos homes deste mundo fixarase en ti e quererate á súa beira, así que vai aprendo a lección: cala e traballa a túa beleza exterior”. Nas versións de Branca de neve de Disney os ananos aceptan que a muller conviva con eles, a pesar de que “como todas as mulleres é veleno” porque lles fai as tarefas domésticas e ela é feliz con ese destino que nin cuestiona. Lava, cociña, varre, pasa a ferro día tras día para eles e canta mentres o fai. Igual que A ratiña presumida. Eses son os seus roles na súa casa e acéptanos de bo grao porque como son perfectas amas de casa lles agarda un matrimonio incrible. Esa é a mensaxe subliminal. Sen dúbida, responden a unha estrutura ben patriarcal. Branca de neve sabe e así o di: “Un día encantador un príncipe virá e eu irei feliz aos seus brazos. Entón cumprirase o meu soño.” Imaxinamos que co príncipe tamén levará esa vida sen sentirse frustrada por iso. O enfrontamento entre as mulleres por conquistar un príncipe é deplorable. Pelexan e pelexan e a obra non critica esa actitude senón que a potencia. Triunfa a que máis se somete, a que é capaz de esperar a que todo suceda. A mensaxe é que ser guapa xera envexas entre outras mulleres, que che fan bulling constantemente, pero espera e resígnate porque todo ese sufrimento te levará aos brazos dun home perfecto que te protexerá para sempre”. A Sereíña aínda é peor. Ariel renuncia a todo, mesmo á voz, que é o seu maior don, co que implica ademais: estar calada sempre e para sempre, por estar ao lado dun príncipe, esa renuncia é estarrecedora como mensaxe moral. “Non importa teres que mudar o teu físico, cambiar a túa vida totalmente, resignarte a non te expresar con tal de teres á túa beira a un home”. Esa é a mensaxe tácita. E logo en todas elas, os personaxes masculinos teñen moito máis peso e tamén moito máis diálogo. Na Sereíña inventan un cangrexo e mais outra personaxe masculina, coido que eran unha lura, que falan con Ariel indicándolle o que debe facer. En todas elas son eles os que teñen maior protagonismo e ademais os que realmente pensan. Máis mensaxe machista ca esa non hai.

Sorprendeunos a opción do xénero teatral tendo en conta que prolifera máis a novela para o público adolescente. Hai pouca oferta pese a constituír unha boa opción para incentivar a lectura e a dramatización nas aulas, por que te decantaches polo teatro?

Porque me parecía que no teatro a mensaxe chega máis directamente e eu quería ver escenificada esa escena final, que foi onde comezou todo, con esa princesa dicindo que non á proposición de casar do príncipe, dicíndolle non unha e outra vez porque antes de dicir si necesita saber como vai ser a súa vida e se lle compensa, se vai ser feliz nese matrimonio que se lle propón, poñendo así en dúbida eses finais de “foron felices e comeron perdices” de todos os contos de fadas.

Entre nós, podes adiantarnos algún proxecto en mente?

Sempre hai algo. Eu creo que escribir é como a sementeira dunha horta, nós en Castroverde facemos pebideiros onde botamos moitas sementes -pebidas- na terra, que son as ideas que che bolen na cabeza, e logo unhas trasplantámolas e poñémolas en terra fértil unha por unha, despois, unhas han prender e medrar e outras non -quedan só en ideas soñadas algunha vez- e logo diso, desas que prenderon só unhas poucas medran e dan froitos, os libros que se editan e chegan ao lectorado, que é quen ten a última palabra. En realidade, nos pebideiros de cada vinte sementes que se botan na terra, medran dúas ou tres e só bota froito unha, máis ou menos, por usar unha imaxe do mundo agrario no que me criei de nena.

Ánxela mencionou tamén o evento no seu Facebook e deixou un fragmento da entrada do noso Merlín e da nosa Morgana: https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=pfbid02zDJHGc7WDky6cwcT3yPHqk8mSgVk7rE4aEdrFYh3A2KZi56CRHeQyeVp75tiFTKAl&id=685162186



lunes, 12 de junio de 2023





Análisis de "Galloping Foxley" de Relatos de lo inesperado de Roald Dahl

Merece mucho la pena que entréis a esta presentación. Este grupo consiguió transmitir autor y obra no solo por su análisis sutil y perspicaz, sino por la interpretación dramática de la misma. Realizaron un trabajo ímprobo de recopilación de citas que enriqueció, sin duda, la segunda fase del trabajo.

Un ingenioso juego, al final, pone la guinda que corona una obra perfecta.

 

viernes, 9 de junio de 2023

Entrevista a Marta Vázquez Losada, odontóloga y empresaria emprendedora

"Nos falta mucho por avanzar en temas de conciliación laboral. Todo es humo. Realmente no existen posibilidades de conciliación laboral cuando gestionas tu propio negocio"
  
NOEMÍ GONZÁLEZ SÁNCHEZ
 
Marta Vázquez Losada es una mujer empresaria dueña de tres clínicas dentales situadas en diferentes puntos de Galicia. Se licenció en la Facultad de Medicina y Odontología en la Universidad De Santiago de Compostela. Es madre de dos niños y en la entrevista nos habla de lo difícil que es conciliar la vida familiar y la vida laboral. 
 
Especialmente le quise hacer esta entrevista a una mujer empresaria porque puede ser de gran interés por varias razones. En primer lugar, las mujeres son cada vez más representativas en el mundo empresarial y sus historias pueden inspirar a otras mujeres a seguir sus pasos. En segundo lugar, las mujeres a menudo tienen que superar barreras y desafíos únicos para triunfar en el mundo empresarial, lo que puede proporcionar una perspectiva única sobre el liderazgo y la gestión empresarial. Además, entrevistar a una mujer empresaria puede mostrar cómo las empresas pueden beneficiarse de la diversidad de género en la toma de decisiones y en la creación de estrategias exitosas. En resumen, entrevistar a una mujer empresaria puede ser una oportunidad valiosa para aprender y crecer a nivel personal y laboral. 
 

miércoles, 7 de junio de 2023

Entrevista a Esther Castedo, jugadora del Ensino Lugo

Esther Castedo: "Yo voy día a día, mis sueños son diarios, son asequibles para mí."

La jugadora lucense vuelve a casa y renueva con el Ensino Lugo

ANA AMOR ARIAS

Esta joven promesa renovó con el Ensino Lugo la temporada 23/24. Cuatro años después de estudiar y vivir el baloncesto norteamericano en las filas de la Robert Morris University, la lucense volvió a casa la temporada pasada para jugar en la máxima categoría con el equipo que le formó como jugadora.

¿Cómo recuerdas tus inicios en el baloncesto? 

Dirección de imagen

 Probé muchísimos deportes, pero al final el baloncesto fue el que más me gustó, el que mejor se me daba y donde tenía más amigos. Empecé en el baloncesto por culpa de mi hermano. Yo era un poco terremoto, no podía estar quieta, así que, cuando mi hermano iba a entrenar, yo siempre estaba por los laterales de la pista con un balón. Al final seguí con el baloncesto porque era lo que más me llenaba.

¿Cuándo te diste cuenta de que podías ser profesional? 

Yo, como todos los deportistas, soñaba en poder llegar al máximo nivel, jugar con los mejores de tu país o de tu liga. Por eso, en mi último año en la categoría junior cuando vi que tenía varias ofertas para irme a Estados Unidos o de quedarme en España y jugar ya de manera profesional fue lo que me dio pie a pensar que sí me podía dedicar al baloncesto.

¿Cómo surgió la opción de marcharte a Estados Unidos? 

Surgió por esas ofertas que tuve. A mí me gusta mucho explorar, viajar, quería aprender inglés e irme a Estados Unidos era una manera de hacer las dos cosas, tanto de tener una carrera, formarme académicamente, como de seguir dedicándome al deporte que quiero. Era una oportunidad que no podía desaprovechar, además, tenía todo pagado y al final España siempre va a estar ahí. Siempre dan ganas de volver a casa, pero yo quería irme de casa, quería ver cómo era jugar en otro país con otra cultura, con otro idioma y ver cómo me desenvolvía allí yo sola.

¿Cómo recuerdas tu experiencia allí? 

La recuerdo con muchos altibajos. El primer año obviamente es duro, te vas de casa, echas de menos a tu familia, a tus amigos, tu casa, las cosas que ya conoces, pero es un poco adaptarte, echar para adelante, como digo yo ``echar un poco de ovarios ́ ́ y aguantar esos primeros meses hasta que consigues entenderte con el idioma. Aunque el idioma no fue lo que más me costó, pero sí me fastidiaba no entender todo lo que me decían. Después de dos o tres meses ya no tienes problema con el idioma, entiendes sus horarios, sus costumbres...

¿Qué fue lo que más te sorprendió?   

Lo que más me sorprendió fue el horario. Normalmente en España se entrena por la tarde, después de ir a clase y de hacer los deberes. Allí no. Allí yo a las 6:30 de la mañana ya estaba en el pabellón así que me levantaba sobre las cinco de la mañana. Me sorprendieron también otros horarios, como los de la comida. Comía a las once o doce y a las seis ya estaba cenando. Eso fue lo que más me costó, porque a las nueve de la noche, después de haber cenado a las seis ya tenía hambre otra vez. Aparte del horario, en España somos muy de comida sana y aunque sea comida rápida no se nota tanto, pero al llegar allí, sobre todo el primer año que vivía en una residencia y no tenía cocina, ver que toda la comida tenía muchísima mantequilla y grasas me costó. Eso se nota a la hora de jugar, no tienes tanta variedad de comida para escoger y esto me sorprendió mucho.

¿Cómo es jugar en una universidad americana? ¿Es como en las películas? 

Es una pasada. A mí me pareció como en las películas, en mayor o menor escala yo me veía ahí como si estuviera en la película High School Musical pero sin los números de cantar y bailar. Todo lo que tienen allí es increíble, la gente, las animadoras en los partidos, las clases son como te las ponen en las películas, las cafeterías... Al principio sentía que en cualquier momento se iban a poner a bailar y yo no sabía el baile. Se nota que tienen más dinero, que tú juegas para una universidad y la gente siente esos colores y te va a animar. Además, con respecto a los viajes y el equipamiento, es mucho mejor y eso es lo que falta en España. Allí el deporte lo toman como prioridad, aquí no.

¿Qué diferencias encontraste en el juego respecto con España? 

Al final es baloncesto, es verdad que ellos le dan más prioridad al estado físico, al gimnasio, las pesas, el tiro, el juego es un poco más tranquilo y es un baloncesto mucho más físico. Aquí en España es un baloncesto más rápido, más vivo, más alegre. A mí me gustó en el aspecto de que nunca había hecho tantas pesas, nunca he trabajado tanto en mi físico y quizás esto me ayude en el futuro. Yo lo tomaba como otro paso en mi carrera para seguir formándome.

¿Por qué tomaste la decisión de volver? 

Después de cuatro años de carrera decidí volver a casa. Me quedaba un año extra, pero todos mis amigos se graduaban y sabía que allí ya no quería estar, quería volver a casa. Cuando me llamó el Ensino para fichar no me lo pensé.

¿Cómo valorarías esta temporada en el Ensino? 

La valoro muy positiva. A nivel personal he crecido muchísimo, me ha gustado mucho la competición. Todos los equipos estamos a la par, no te puedes relajar porque en cualquier momento ganas o pierdes y con eso aprendes mucho. Tienes que crecer mentalmente y físicamente. Al final cumplimos el objetivo que era no descender.

¿Qué le falta a la liga femenina para ser considerada profesional? 

Yo creo que tiene que respetar que haya un salario mínimo y que ese salario mínimo sea de doce meses. A nosotras los cuatro meses restantes que no estamos jugando tenemos que pagar con nuestro dinero a nuestros preparadores físicos, psicólogos, nutricionistas para llegar a la siguiente temporada en una forma física buena, porque eso es lo que te piden.

¿Qué sueño tienes por cumplir en el baloncesto? 

Yo voy día a día, mis sueños son diarios, son asequibles para mí. Mi sueño, cuando era una junior, era llegar a jugar en Estados Unidos y lo conseguí. Mi sueño en Estados Unidos era volver a España y jugar profesionalmente y lo conseguí. Ahora mismo mi sueño es seguir jugando al baloncesto al máximo nivel, llegar a jugar en competiciones europeas, una posible selección.

 

sábado, 13 de mayo de 2023

Entrevista a Bibí Bouza, presidenta del club de voleibol Emevé galardonada con el premio "Entre Mulleres"

"(...) y el llegar este momento, en que el deporte femenino es un referente, la verdad es que me llena de orgullo"

🎤SARA MÉNDEZ SEIJO

A menudo nuestros ideales, los referentes que tenemos en mente, se encuentran lejos: estrellas de Hollywood, deportistas extranjeros, escritores de otros lugares. Muchas veces no es porque carezcamos de personas talentosas a nuestro alrededor, sino porque a estas no sabemos verlas.

Y así surgió mi idea de entrevistar a Bibí Bouza Betríu, presidenta del club de voleibol Emevé y profesora de inglés en el IES Ánxel Fole recientemente galardonada con el premio "Entre Mulleres". En un inicio me lo planteé como una mera posibilidad, que fue cobrando más y más fuerza. A medida que me informaba, ahondaba en su trayectoria, descubría aspectos que me eran totalmente desconocidos y se acrecentaba mi admiración por ella. Ha sabido conducir a un club hasta llevarlo al gran momento actual, pero no debemos olvidarnos de que, para ello, también ha tenido que guiarlo durante el transcurso de etapas más difíciles; atravesar episodios que, sin duda, siempre ha sabido sobrellevar, aun bajo circunstancias adversas. Resulta infrecuente abordar estos episodios frente a otros momentos de mayor esplendor, pero su gran fortaleza, mientras ocurrían, ha sido lo que la ha llevado hasta aquí, tanto su carácter como su presencia, el saber continuar hacia delante.

El brillo de sus ojos nos habla de eso: capacidad de resistencia, pasión incondicional, entereza. Es esa mirada y la tranquilidad que me transmite la que, pese a mis nervios, me impulsa a continuar y hace que se desvanezcan las dudas.

Porque quién mejor que ella para resaltar el esfuerzo que supone otorgar renombre a un deporte que, de primeras, podría verse como una disciplina de menor popularidad, especialmente en la categoría femenina, y darle el valor que se merece.

Quién mejor que Bibí para recordarnos la importancia de apreciar, además, lo cercano; y transmitir un mensaje: no se trata de mirar, sino de ver. Porque podemos pasar mucho tiempo fijando la vista en algo y, mientras que sea de forma superficial, no reparar en ello. O, al menos, no lograr divisarlo de verdad. No realmente.

viernes, 12 de mayo de 2023

viernes, 31 de marzo de 2023

Congreso As competencias profesionais docentes

"Temos a necesidade de redefinir o modelo de competencias para seguir a manter unha educación de calidade pioneira no modelo europeo”.

Román Rodríguez

El pasado miércoles fui invitada a participar como profesora TED en el congreso As competencias profesionais docentes celebrado en el Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. La apertura del evento corrió a cargo del consejero de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades, Román Rodríguez González. Por la mañana tuvieron lugar las intervenciones de Óscar Martín Centeno, director del colegio Santo Domingo de Algete, escritor y creador multimedia, y de Jesús Manuel Álvarez Bértolo, director general de Centros y Recursos Humanos. Por la tarde las sesiones se celebraban paralelas en distintas salas. Mi intervención tuvo lugar en la sala 25 junto con Yolanda Fernández López e Inmaculada Cortón Tesouro del CEIP Plurilingüe de Outes y María Teresa Rodríguez Rama del CRA Ponte da Pedra. Nuestras experiencias se vinculaban a la Competencia Inclusiva, Social y Ciudadana. Os dejo el programa de la jornada con todas las intervenciones.

Pincha la imagen para acceder al programa


 

lunes, 20 de marzo de 2023

Entrevista a Araceli Vázquez, campeona gallega de kickboxing y profesora de Aikido

En Aikido no hay competición como en el resto de disciplinas, por eso es conocido como "el arte marcial de la Paz"


DAVID GONZÁLEZ LOZANO
 
Desde pequeña siempre sintió predilección por la enseñanza y el deporte. Estudió la Diplomatura de Magisterio en la especialidad de Educación Física. Lleva media vida ligada al mundo de las artes marciales a las que llegó por casualidad puesto que eran parte de la oferta de actividades del gimnasio al que iba mientras era universitaria. Empezó en el mundo del kickboxing llegando a ser cinturón marrón y asistiendo a diferentes competiciones. Fue dos veces campeona gallega y medalla de bronce en el Campeonato de España en su categoría. Al mismo tiempo, combinaba con kickboxing también taekwondo y Aikido. Con el paso del tiempo el Aikido y su disciplina japonesa le fueron interesando cada vez más y lo compaginó con la preparación de oposiciones para las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado.

Mientras, siguió con la preparación de oposiciones e hizo el examen de cinturón negro 1er Dan de Aikido. Poco a poco, su maestro confiaba en ella y le cedía horas para que impartiera clases. Por diferentes razones, las oposiciones no dieron el resultado esperado y su futuro profesional se encaminó a la enseñanza del Aikido, que hasta aquel entonces para ella, era puro entretenimiento. Posteriormente, se convirtió en una de las primeras mujeres de España en impartir clases de este arte marcial y a día de hoy lleva 22 años ligada a este apasionante arte japonés de la Paz, el Aikido.

¿Cómo empezaste en el mundo del Aikido? 

Por casualidad ya que era una de las artes marciales que se impartían en el gimnasio al que asistía.

¿Quién te inspiró?  

Yo, como todo el mundo, tenía una noción de que existía el Aikido por las películas de acción del actor Steven Seagal. Mi inspiración llegó de la mano del Maestro que impartía clase,(Philippe Le Gall) que, aunque por aquel entonces era inexperto en la enseñanza de esta disciplina, seguía a la perfección el protocolo y la etiqueta que lleva aparejada al mundo oriental.

¿Qué crees que es lo más importante en esta disciplina? ¿Qué es lo que más te gusta de ella? 

En Aikido no hay competición como en el resto de disciplinas (judo, kárate, taekwondo, jiujitsu... ), por eso es conocido como " el arte marcial de la Paz ". No se busca la confrontación ni el uso de la fuerza contra el oponente. A través de los puntos de desequilibrio se intenta que el agresor desista de su intención de dañar o ser dañado. Lo que más me gusta es el espíritu de no agresión y armonía y, por supuesto, los valores que transmite: compañerismo, autocontrol, disciplina, respeto...

¿Consideras el Aikido como una afición o un trabajo ? 

Desde hace 10 años un compañero y yo creamos la Escuela Lucense de Aikido ubicada en las instalaciones de la piscina municipal de Frigsa, y allí imparto clases a alumnado de todas las edades y también cursos de defensa personal esporádicamente. Por lo tanto, lo que empezó siendo un hobby, acabó convirtiéndose en mi profesión.

¿Qué supone en tu vida el Aikido? 

Pues hoy por hoy es mi todo, mi sustento, mi modo de vida, mi profesión, mi hobby; en definitiva, mi día a día. Igual que otras personas trabajan en una oficina, hospital, supermercado, zapatería... yo desarrollo mi labor profesional sobre un tatami.

¿Qué hobbys tienes? 

Cuando tengo tiempo libre me gusta hacer senderismo, correr, salir en bici de montaña, cocinar, escuchar música, leer...

¿Cómo organizas tu día a día? 

Pues, como el mayor número de clases las tengo por la tarde, aprovecho por la mañana para hacer trámites y organizar un poco todo lo que va a ser el día.

¿Algún consejo para las personas que quieran ir a probar Aikido? 

Primero: Que no les frene el hecho de que nunca hicieron artes marciales (si es el caso). Segundo: La edad. No hay una edad ni mínima ni máxima para iniciarse en el mundo del Aikido. Tercero: Paciencia. Aunque al principio en el tatami nos podemos sentir descoordinados o torpes, el cuerpo, poco a poco, va mecanizando los distintos desplazamientos, ukemis ( caídas ), técnicas...

Preguntas subjetivas

Un lugar: La casa de mis padres. Me transmite, paz, tranquilidad, seguridad, desconexión.
Una comida: Pizza
Un referente: Maestro Christian Tissier Shihan 8º Dan Aikikai
Un libro: El Sur de Adelaida García Morales.
Un curso de Aikido en el que disfrutaras: Pues no podría elegir ninguno porque cada curso al que asisto o imparto (si es el caso) me trae buenos recuerdos y, sobre todo, aprendizaje.
Un cantante o grupo musical: Metallica.
Una frase que te motive: Se felicita en público y se corrige en privado. A eso se le llama
Educación.

David Lozano con Araceli Vázquez en Escola Lucense de Aikido


jueves, 16 de marzo de 2023

El perro del hortelano con EducaFilmoteca

El alumnado de primero de BAC participa en el programa EducaFilmoteca. Se trata de una iniciativa educativa gratuita en la que se pretende fomentar el espíritu crítico del alumnado y promover la alfabetización audiovisual a través del cine español. 

Nos vino de película (nunca mejor dicho) esta oportunidad pues justamente estamos viendo el teatro barroco. En el estudio nos centramos en el "Monstruo de la Naturaleza", "el Fénix de los Ingenios", el gran Lope de Vega. Hoy el alumnado vio la película online. Mañana toca esa esperada intervención virtual con otros centros y con algún experto en la materia.

Previamente al visionado de la película de Pilar Miró nos acercamos a la obra de Lope de Vega. Luego analizamos aspectos significativos de la película y de la directora. Os dejamos la presentación que sirvió de guía a todo este proceso.

miércoles, 15 de marzo de 2023

Entrevista a Aurelia Balseiro, directora del Museo Provincial de Lugo

Aurelia Balseiro:"Si quieres, puedes, a pesar de las dificultades"

Dirección de imagen
Helena Ben Vázquez nos ofrece una completa e interesante entrevista con la directora del Museo Provincial de Lugo. Desempeña este cargo desde octubre de 2008, donde coordina sus departamentos científicos y sus programas de conservación, de colecciones (documentación e investigación) y de exposición de la colección estable, realizando, asimismo, comisariados y/o coordinación de exposiciones temporales relacionadas con patrimonio o retrospectivas de artistas contemporáneos. Nacida en O Vicedo en 1967, es licenciada en Geografía e Historia por la Universidad de Santiago, especializada en la rama de Museología.

Vuestra compañera ha sido muy sutil en la selección de preguntas para darnos una visión perspicaz de esta gran mujer. La entrevista se aparta de lo tradicional. La capacidad comunicativa de Aurelia Balseiro crea un clima distendido. Sus respuestas nos llevan a nuevas preguntas, que Helena sabe "cazar al vuelo" para profundizar en su conocimiento. Nos ha dado una perspectiva nueva, lejos del "encorsetamiento" de la información en red. 

Se revela como una mujer que se ha hecho a sí misma: luchadora, profesional y concienciada con el tema de igualdad de género. Analiza con cautela el espinoso tema de la brecha de género y reflexiona sobre ciertas desigualdades que deben aún franquearse. Su compromiso queda explícito en un nuevo proyecto expositivo en el mes de marzo en el Museo Provincial sobre una mujer olvidada en la Historiografía del Arte Contemporáneo Gallego. No revela su nombre, lo que constituye un aliciente para visitar el Museo y descubrirla.

miércoles, 8 de marzo de 2023

Premio a 6 mujeres referentes en Lugo

Hoy la alcaldesa de Lugo entregó los premios Entre Mujeres a 6 referentes lucenses en distintos ámbitos: la periodista Tonina Gay, la editora de El Progreso Blanca García Montenegro, la catedrática de Química Isabel Fernández, la presidenta del Emevé Bibí Bouza, la hostelera Celia Neira y la policía local Ana Rosa Rodríguez. 

Sin duda nos alegramos por el reconocimiento y visibilización de estas mujeres que han abierto camino, aunque -todo hay que decirlo- a nosotras nos toca especialmente el orgullo el que una compañera haya recibido tal galardón. ¡Enhorabuena, Bibí!


Foto de El Progreso




     Centenario de Luz Pozo Garza

En un día tan especial como hoy, 8 de marzo, Día Internacional de la Mujer, se presenta en el Canal Youtube de la Cátedra Valente este vídeo que constituye un resumen del encuentro del Centenario de Luz Pozo Garza que se celebra en la Facultad de Filología de la Universidad de Santiago de Compostela.
 
En el acto intervienen 15 especialistas en la figura de la autora y Valente. 
 
Acceded AQUÍ para ver toda la información.
 

viernes, 10 de febrero de 2023

PREMIOS INNOVAGAL EN CIDADE DA CULTURA

Entrega Premios Innovagal a 20 centros y 10 docentes

El lunes 6 de febrero asistí a la entrega de los Premios Innovagal entregados por el Conselleiro de Cultura, Educación, FP y Universidades, Román Rodríguez en la Sala Eisenman en la Cidade da Cultura a las 12. 30h. La pandemia imposibilitó la celebración de este evento en su momento. Ya llovió desde que recibí el Primer Premio en la Modalidad Docente Submodalidad Escola Inclusiva. Fue en aquellos oscuros años en que la humanidad vivió una experiencia propia de una novela distópica. Curioso el mundo, puro oxímoron.

En fin, fue una experiencia interesante compartir la mañana con profesorado implicado en la innovación y la inclusión.  





jueves, 15 de diciembre de 2022

 ¿De verdad no existe?

Este curso decidimos enfocar nuestra crítica en "la manosfera". El término no tiene desperdicio. Se refiere a una red de sitios web, foros y blogs que promueve una masculinidad mal entendida y una profunda hostilidad hacia las mujeres. El caso es que según un estudio de Adolescencia y juventud de la Fundación FAD en 2021 uno de cada cinco jóvenes varones niega la violencia de género y considera que es una invención ideológica. Nos pusimos manos a la obra y  alumnado de segundo y tercero de ESO llevó a cabo un trabajo de recopilación de estadísticas acerca de distintos tipos de violencia hacia la mujer. Las cifras hablan por sí solas, pero, claro está, no todo el mundo quiere ver.

Jimena, de 2ºESO A, aportó a nuestra exposición en la entrada del instituto una metáfora visual de una violencia extrema que siguen sufriendo millones de mujeres en el mundo: la mutilación genital femenina.

 



sábado, 10 de diciembre de 2022

 Reseña de Mujercitas de Louisa May Alcott

SARA MÉNDEZ SEIJO