jueves, 24 de abril de 2025

Encontro con Manuel Núñez Singala

"Ninguén pode saber correr sen empezar a andar"

Hoxe tivemos o privilexio de contar coa intervención de Manuel Núñez Singala no centro. Xa facía tempo que nos roldaba o desexo de coñecelo persoalmente pero, por diversas circunstancias, non foi posíbel. O certo é que está entre os escritores favoritos do noso alumnado. Recomendar un dos seus libros garante a curiosidade dos lectores por outras das súas obras. Foron tres os libros que quixeron comentar co autor: Instrucións para tomar café, Atranco no banco e O achado do castro. Os estudantes tamén se interesaron polo procedemento creativo, a relación do autor coa súa obra ou o impacto da publicación. 

Ao evento acudiu parte do alumnado de 3º e 4º ESO, moitos do Club de Lectura. Mónica Campo, profesora de Lingua Castelá e Literatura, encargouse da organización do encontro e da preparación das alumnas, Noelia Álvarez e Irina Alexandra Fernandes, que fixeron unha impresionante presentación do autor.

Hai escritores que prenden naturalmente en ti, de maneira que te sorprendes sentíndoo como alguén que forma parte da túa propia esencia. A literatura ten ese privilexio ou ese don. Fernando Pessoa afirmaba: "No fim de minutos, quem escrevia era eu, e o que estava escrito não estava em parte alguma." Nisto reside a grandeza do autor, en escribir o que ti recoñecías que levabas dentro y en cederche xenerosamente o paso para que dixiras a lectura, a reinterpretes e a fagas túa.


Encontro con Núñez Singala de Felicia