domingo, 23 de noviembre de 2025

Concurso 25 N Xunta de Galicia

 Acto de entrega dos premios polo 25N

O venres 21 de novembro o noso alumnado galardoado no Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais impulsado con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, recibiu o primeiro premio na modalidade audiovisual co vídeo O amor é maxia.

O noso alumnado premiado con Fabiola García, conselleira de Política Social e Igualdade

O acto tivo lugar na Fundación Laboral da Construción en Santiago de Compostela e alí estabamos nós. Foi a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, quen entregou os premios e felicitou o alumnado pola "calidade das propostas presentadas" e os "mensaxes lanzados" nos vídeos e carteis.

Sete centros máis foron os agraciados. Procedían dos concellos de Dodro, Vigo, Soutomaior, Allariz, Santa Comba, Pontevedra e Santiago de Compostela. Nós representabamos a Lugo e con moito orgullo.

Como as imaxes falan tanto como as palabras, ou máis ás veces,  deixamos aquí un vídeo co momento da entrega.

 

ENLACES DE INTERESE