sábado, 22 de junio de 2024

Precursoras da sustentabilidade e da Axenda 2030

Sandra Gómez e Marina López presentaron o seu proxecto Precursoras da Sustentabilidade e Axenda 2030 que realizaron co alumnado de 4ºESO de Física e Química e de Formación e Orientación Persoal e Profesional no presente curso. Un dos obxectivos é visibilizar o papel da muller nos distintos ámbitos que abarcan os ODS, principalmente no ámbito científico. 

No mes de decembro este alumnado acudiu ao Pazo de San Marcos para participar no relatorio “Mulleres, ciencia e tecnoloxía”: unha historia interminable". A conferencia foi impartida por María M. Álvarez Lires, profesora de didáctica das Ciencias Experimentais e premio UVIGUALA 2017. Coñeceron o proxecto que pretende «recoller a memoria de mulleres de todo o mundo, do pasado e do presente, que contribuíron, cos seus coñecementos científicos, empíricos, co seu activismo e a través de redes solidarias, a sustentabilidade do planeta Terra e da vida».

Na segunda avaliación os estudantes asistiron á actividade "Protagonistas, as enxeñeiras", organizado pola Comisión de Igualdade de Xénero da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC. 

Estas actividades abriron o camiño para o traballo de investigación que realizaron logo. A terceira avaliación foi dedicada á exposición co método Pechakucha. É un formato de exposición no cal se fai unha presentación de maneira sinxela e informal mediante 20 diapositivas mostradas durante 20 segundos cada unha. Isto significa que a exposición só pode durar 6 minutos e 40 segundos, nin máis, nin menos. Devandito formato foi orixinalmente creado por Astrid Klein e Mark Dytham de Klein-Dytham Architecture (KDa) en Tokio en 2003​, co obxectivo de xerar ansiedade no relator, pero asegurando unha boa comunicación na súa audiencia. 

Deixamos a presentación das profesoras que resume todo o proceso.