jueves, 11 de abril de 2024

VIDEOCONFERENCIA III XORNADAS DE IGUALDADE

Estela Prol Padín, unha muller na Axencia Espacial Europea (ESA)

MARINA LÓPEZ E SANDRA GÓMEZ

O 2 de abril o alumnado de 4º ESO das materias de Física - Química e Formación Orientación Persoal e Profesional tiveron a oportunidade de levar a cabo unha videoconferencia con Estela Prol Padín, unha enxeñeira química galega da USC que traballa como controladora de proxectos na ESA.

Esta muller científica explicoulle ao alumnado a súa traxectoria profesional e amosoulles a organización na que traballa, os seus estados membros e os acordos de cooperación con diferentes entidades. Por outra banda, mostrou diferentes programas de telecomunicación e algúns videos das misións máis recentes levadas a cabo por diferentes satélites.

Finalmente, indicoulles os diferentes tipos de programas existentes para estudantes e graduadas aos que lles gustaría iniciar a súa formación e/ou carreira profesional na ESA.

Presentación de Estela Prol. MARINA LÓPEZ

 Estela Prol dirixíndose ao alumnado. MARINA LÓPEZ

Alumnado e Estela Prol interactuando. MARINA LÓPEZ

Alumnado de 4ºESO na videoconferencia de Estela Prol. MARINA LÓPEZ